Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un motorista falece tras colidir cun turismo en Barro

Un motorista falece tras colidir cun turismo en Barro

A vítima quedou encaixada baixo o coche

G24.gal 13/06/2026 21:51

Un motorista faleceu este sábado, sobre as 21:00 horas, en Barrro nun accidente de tráfico tras colidir cun turismo.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco antes das nove desta noite na PO-226, á altura co cruce da N-550, en Barro.

A vítima quedou encaixada baixo o coche.

Con todo, os Bombeiros de Ribadumia non tiveron que liberar.

Tras colidir cun turismo, o motorista, de 58 anos veciño do municipio de Barro, quedou encaixado baixo o coche. Con todo, estaba suficientemente accesible para recibir a asistencia médica necesaria. Aínda así, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 non puido facer nada por salvar a vida do motorista.

No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade