Publicador de contidos

Publicador de contidos

A desaparición dos depósitos de Repsol despexa a vista no paseo coruñés dos Castros

A desaparición dos depósitos de Repsol despexa a vista no paseo coruñés dos Castros

Os tanques desmantelados medían 15 metros e tiñan 60 anos de historia

A nova imaxe abre unha fiestra á ría e ao dique de abrigo

G24.gal 20/04/2026 14:48

Ver o mar desde este banco era imposible ata o momento. Tres tanques de cru de quince metros tapaban o horizonte neste punto do paseo dos Castros. 

A mudanza de Repsol ao porto exterior de Lagosteira, está a mudar a paisaxe do vello porto petroleiro. A nova imaxe da zona abre unha fiestra á ría e ao dique de abrigo despois de 60 anos.

O futuro da parcela, que forma parte da transformación da fachada marítima da Coruña, está aínda por concretar. Pero podería ser o xerme dun novo barrio. 

Sexa como sexa, o que está claro é que esta imaxe dos vellos tanques de Repsol, igual que sucedeu coa medusa de carbón, pasou á historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade