Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia de Enrique Bolívar desconfía da versión do acusado, mentres segue a busca do corpo en Abadín

A familia de Enrique Bolívar desconfía da versión do acusado, mentres segue a busca do corpo en Abadín

O dispositivo traballa no lugar onde o investigado confesou que deixou o corpo

O autor confeso do atropelo mortal será interrogado de novo o próximo luns pola xuíza de Mondoñedo que instrúe o caso

Este venres continúa a busca na parroquia de Quende, en Abadín
G24.gal 17/04/2026 13:40

Retomáronse este venres en Abadín os labores de busca dos restos mortais de Enrique Bolívar, no lugar onde o investigado asegura que abandonou o corpo.  

Xa van tres días de busca infrutuosa. A Policía Científica recolleu nas últimas horas varias mostras óseas, grazas á utilización dun xeorradar, que foron enviadas a Madrid para determinar a súa orixe. Non se agarda ter resultados da análise ata a próxima semana, un resultado que será fundamental para continúar ou non a busca na zona. 

A familia da vítima non confía en que se atope coincidencia e cren que Javier Montero minte. Canda a desaparición, os equipos de busca peitearan toda esta zona moi próxima á aldea.

"Oxalá esteamos enganados, pero é que nesta zona buscouse moito. Todos os días pasaban por aquí grupos de 15 persoas buscando, con cans..., pola mañá e pola noite pasaban por aquí. Pode ser que se nos pasara? Si, pero moi complicado", di Roberto Paz, sobriño neto do finado.

A familia tamén se amosa incrédula da versión de Montero de que se tratou dun atropelo accidental, e pensan que busca conseguir atenuantes indicando onde deixou o corpo.

"Faríao para reibaixar condena. Igual que estamos convencidos de que non foi accidental. O feito de que queimase o seu coche tres horas despois de desaparecer Enrique, xa o di todo. Branco e en botella" afirma rotundo Roberto. 

O próximo luns Javier Montero volverá declarar ante xuíza instrutora do caso para completar o interrogatorio con toda a ampla documentación das dilixencias realizadas dende a desaparición de Enrique, en setembro do 2023.

A xuíza decidirá ese día se decreta prisión provisional para o investigado, que está a piques de abandonar o cárcere de Bonxe, onde está a cumprir condena por un roubo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade