Cargando resultados...
Investigan se restos óseos atopados en Abadín corresponden a Enrique Bolívar
G24.gal
16/04/2026 21:01
Novidades no caso de Enrique Bolívar. Na últimas horas a Garda Civil atopou ósos compatibles cos dun ser humano que poderían ser os do ancián desaparecido. Foi nuhna zona do pinar de Quende, en Abadin, onde o principal sospeitoso da súa morte dixo ter soterrado o corpo.
Haberá que agardar aos resultados do laboratorio para saber se son os de Enrique. Durante a xornada do xoves continuaron os traballos de rastrexo na zona en que o home que confesou ter atropelado mortalmente a Bolívar de xeito involuntario escondeu supostamente o cadáver. Un dispositivo no que participaron cans e tamén un xeorradar.
O home cumpre condena por outros delitos, e esta semana participou cos axentes daGarda Cviil nunha reconstrucción dos feitos.