Publicador de contidos

Publicador de contidos

Éxito de convocatoria nunha nova edición do mercado de troco de Bico de Grao, en Lugo

Éxito de convocatoria nunha nova edición do mercado de troco de Bico de Grao, en Lugo

Unha segunda vida para aqueles obxectos que xa non precisamos a cambio doutros que si resulten útiles

O mercado celébrase da sede da cooperativa na rolda lucense das Fontiñas
Félix Aragunde. Imaxe: Alberto Toja. 16/04/2026 21:05

Traer o que xa non se usa e levar o que se precise. Esa é a idea principal do mercado de troco da cooperativa Bico de Grao, que leva celebrándose en Lugo dende hai xa doce anos. Iso si, sen gasto ningún de cartos por ningunha das partes.

"Eu creo que este mercadiño serve moito porque aquí trocamos todo. Pero do que máis hai é roupa, cunha diferenza abismal, o que nos di que é do que máis se consome. Xa hai pezas feitas, e cambiar o armario a través diso é unha boa medida", sinala Marta Pérez Freire, presidenta de Bico de Grao

O mercado de troco de Bico de Grao celébrase tres veces ao ano, pero é na primavera cando logra un maior un maior éxito de público. Ademais de roupa ou calzado, permútanse complementos, libros e todo tipo de obxectos. 

"Houbo bastante xente nova, que non viramos antes. E iso encántanos, porque significa que chega a máis xente, que isto se fai extensivo. Oxalá que cada vez que o fagamos veña unha persoa nova e esa persoa llo conte a outra e así fagamos un círculo ben amplo", engade a presidenta da cooperativa.  

Coa roupa que non chega a trocarse fanse bonecos de farrapo, e as pezas sobrantes entréganse ao Concello de Lugo para que sexan doadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar