Publicador de contidos

Publicador de contidos

A diversidade de publicacións fóra do mercado de novidades, grande atractivo das librarías de segunda man

A diversidade de publicacións fóra do mercado de novidades, grande atractivo das librarías de segunda man

Moitos buscan libros que xa non se imprimen, e tamén hai clientes que buscan publicacións especializadas

G24.gal 14/09/2026 21:09

Din desde o sector libreiro de segunda man que hai dous tipos de clientela. Por un lado, quen busca aquilo que está fóra do mercado de novidades. Juan Pazos, da Libraría Fiandón Libros de Vello (A Coruña), asegura que hai clientes que entran e buscan libros "que xa non se están imprimindo, nin hai edicións novas ou, por curiosidade, para descubrir cousas que xa non están nas tendencias xerais".

Logo está o público máis especializado que procura obras moi concretas.

"Sobre todo literatura en galego relacionada habitualmente cos autores do Día das Letras Galegas. E xa estou case completando a obra edita de Neira Vilas (ao que está dedicado en 2027)", comenta un cliente.

"Temos moito libro en galego que éo que nos interesa e, á parte, ten moito movemento", afirma Javier Pereira, da Libraría Arcadia da Coruña. "Como pode ser publicación como Braña, do Boletín da SGHN", engade.

"A Historia de Pontedeume de Antonio Couceiro que está descatalogado e é moi difícil de conseguir, é do ano 1944.  Intentamos ter clásicos que é o que máis pide a xente, e novela histórica, biografía, aventuras", puntualiza Aihnoa Acinas, da Libraría de Papel de Ourense.

Libros que agardan ser descubertos e lidos unha vez máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade