Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado un veciño de Enrique Bolívar pola súa desaparición e morte en Abadín en 2023

Investigado un veciño de Enrique Bolívar pola súa desaparición e morte en Abadín en 2023

A Garda Civil cre que foi atropelado e que o condutor meteu o corpo no maleteiro e prendeulle lume ao coche para eliminar as probas

O sospeitoso é un veciño co que tiña unha estreita relación e que cumpre condena por outros delitos

Enrique Bolívar tiña 82 anos cando desapareceu
G24.gal 14/04/2026 15:17

O caso da desaparición dun veciño de Abadín acaba de dar un xiro dous anos e medio despois. A Garda Civil cre que Enrique Bolívar morreu atropelado. ​​​​​O Xulgado de Mondoñedo levantou o segredo das actuacións e a Garda Civil comunicolle ao único sospeitoso que é investigado por homicidio. É un veciño co que tiña unha estreita relación e que cumpre condena por outros delitos.

O investigado participou este martes nunha reconstrución dos feitos. Foi trasladado a Ribadeo e á parroquia de Quende. Cren que atropelou o ancián e meteu o corpo no maleteiro do coche para desfacerse del. O vehículo apareceu calcinado en Ribadeo para eliminar as probas.

No interior acharon pezas dun reloxo propiedade da vítima. O coche presentaba ademais danos compatibles dun atropelo, un faro estragado e a tapa golpeada. Un veciño gravouno falando do suceso, dixo que non pagaba a pena buscar o octoxenario e afirmou que o matara.

Preto do seu domicilio aparecía o bastón roto do ancián. A familia da vítima está esperanzada co avance das investigacións.

"Para nós é un avance importante porque levabamos tempo para saber algo do noso familiar e mais atopar o culpable. Nós sempre sospeitamos del polo feito de queimar o coche e que nunca participou na busca. A familia leva unha temporada complicada porque aquí ao final coñecémonos todos", di Roberto Paz, curmán do desaparecido.

Enrique Bolívar tiña 82 anos cando desapareceu da aldea de Fontepresa. Foi tomar café á casa dunha veciña a poucos metros da súa casa e nunca regresou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade