Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan un tripulante que sufriu queimaduras nun buque que navegaba ao norte da Coruña

Evacúan un tripulante que sufriu queimaduras nun buque que navegaba ao norte da Coruña

Tamén remolcaron o pesqueiro Moropa, que tiña a rede enrolada na hélice 

G24.gal 14/04/2026 17:35 Última actualización 14/04/2026 18:02

O Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo da Coruña mobilizou este martes a Salvamar Betelgeuse para remolcar un pesqueiro a seis millas do cabo Prioriño.

Tal e como relatou Salvamento Marítimo, a embarcación, con 10 persoas a bordo, foi trasladada ao porto de Oza.

Evacuación médica a 190 millas

Durante a madrugada deste martes Salvamento Marítimo dirixiu tamén unha "complexa evacuación médica" dun tripulante do buque tanque MT Opal, que sufriu queimaduras de carácter severo mentres navegaba a 190 millas ao norte da Coruña.

Segundo trasladou o departamento de emerxencias, a alerta activouse ás 13.00 horas do luns. Nese momento, o Centro de Coordinación de Salvamento Fisterra notificou a emerxencia e a necesidade dunha evacuación médica.

Nun primeiro momento, a coordinación pasou ao centro de rescate do Reino Unido (UKMRCC), ao atoparse o mercante en augas da súa zona de busca e salvamento, pero finalmente o capitán do buque decidiu continuar a travesía para realizar a evacuación en España, "asumindo a responsabilidade da decisión".

Unha vez restablecida a coordinación por parte de Salvamento Marítimo, desde o centro de Fisterra mobilizouse o helicóptero Helimer 402, con apoio do avión Sasemar 101.

Finalmente, o helicóptero Helimer 402 evacuouno e arredor das 03.15 horas tomou terra na Coruña, onde xa esperaba unha ambulancia para trasladalo ao centro hospitalario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade