Falece un tripulante do buque Manuel Nores, da mesma armadora que o Villa de Pitanxo
A armadora asegura que o mariñeiro faleceu como consecuencia dun paro cardíaco; segundo o Faro de Vigo, foi golpeado por un cable cando traballaba
O buque modificou o seu rumbo e navega cara ao Uruguai, onde está previsto que desembarquen o cadáver
Barco Manuel Nores/Ministerio de Pesca
Un tripulante do buque Manuel Nores, pertencente ao Grupo Nores -armadora do Villa de Pitanxo-, faleceu cando estaba embarcado no Atlántico Sur, segundo confirman a fontes de Salvamento Marítimo.
A vítima sufriu un paro cardíaco que, finalmente, lle causou a morte, segundo a casa armadora. Dende o Faro de Vigo afirman que o falecemento produciuse tras ser golpeado por un cable cando pescaba.
Aínda que inicialmente o barco ía cara á Arxentina, modificou o rumbo tras confirmarse o falecemento do tripulante e diríxese cara ao Uruguai, onde está previsto que o cadáver sexa desembarcado.
O barco pertence a Grupo Nores, a armadora do pesqueiro Villa de Pitanxo, o barco que naufragou en febreiro de 2022 e no que morreron 21 tripulantes e tres sobreviron.
A vítima, de 58 anos, veciño de Cangas e de orixe marroquí, era contramestre do buque. Deixa catro fillos, un deles menor de idade.