Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuado un home que desapareceu mentres pescaba en Bueu

Evacuado un home que desapareceu mentres pescaba en Bueu

Estes feitos obrigaron a activar un operativo, no que participaron efectivos da Garda Civil, de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia

Salvamento marítimo Salvamento marítimo
G24.gal 31/05/2026 15:16

Un dispositivo de procura localizou e rescatou este domingo a un home de 50 anos, que desapareceu mentres pescaba na zona de Cabo Udra, en Bueu. Este foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Preto das 12.25 horas, un familiar do individuo avisou ao 112 Galicia da súa desaparición ao atopar as súas pertenzas. O alertador descoñecía que lle pasara. Segundo a información da Garda Civil, o home caeu mentres pescaba.

Estes feitos obrigaron a activar un operativo, no que participaron efectivos da Garda Civil, de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia.

En concreto, este último servizo mobilizou o helicóptero Pesca I, que se encargou de finalmente realizar o rescate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade