Publicador de contidos

Publicador de contidos

Surfeiros rescatan un pai e a súa filla nunha praia de Malpica despois de ser levados pola corrente

Surfeiros rescatan un pai e a súa filla nunha praia de Malpica despois de ser levados pola corrente

Os afectados non precisaron asistencia sanitaria

Imaxe do momento en que os surfeiros logran chegar a terra cos dous afectados Imaxe do momento en que os surfeiros logran chegar a terra cos dous afectados
G24.gal 11/04/2026 10:54

Susto no mar en Malpica. Un pai e a súa filla menor estiveron a piques de protagonizar un tráxico accidente na praia de Area Maior ao seren arrastrados pola corrente mariña cando se bañaban. A intervención rápida de catro surfeiros que se atopaban no areal evitou que o incidente acabase en traxedia.

Unha testemuña chamou ao 112 Galicia na tarde do venres para alertar da situación e comunicou que ía intentar o rescate usando táboas de surf. A central de emerxencias mobilizou de inmediato varios medios pero pouco despois os propios servizos de emerxencia recibiron a confirmación de que o rescate fora exitoso: pai e filla estaban fose de perigo e non necesitaron atención sanitaria.

 Os encargados de efectuar o rescate foron os dous monitores de One Surf Academy, aos que o Concello trasladou o seu "máis sincero agradecemento" -a través das súas redes sociais- pola "rapidez e profesionalidade" coa que actuaron.

"A súa intervención foi clave para para garantir a seguridade das persoas implicadas, demostrando unha vez máis o valor da preparación, a responsabilidade e o compromiso co mar", destacou.

O ente municipal tamén chamou á "prudencia" e pediu "responsabilidade" á hora de bañarse ou practicar actividades e deportes acuáticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade