Publicador de contidos

Publicador de contidos

Demandan a Igrexa pola morte do sancristán de Carballo por un golpe da figura da Borriquita

Demandan a Igrexa pola morte do sancristán de Carballo por un golpe da figura da Borriquita

A familia defende que o home morreu polo golpe da Borriquita, cando movía a figura e lle caeu no cranio

En contra, a versión de que o home sufriu unha indisposición e que se agarrou á figura 

G24.gal 27/05/2026 14:47

A familia do sancristán de Carballo falecido en 2024 tras caerlle enriba a imaxe da Borriquita demandou a arquidiocese de Santiago. 

Consideran que esta ten responsabilidade no suceso, e piden unha compensación de preto de 70.000 euros. A Igrexa rexéitao. O caso está xudicializado. 

Fatal foi, pero a Xustiza terá que decidir se foi unha desgraza.

"Eu oín que morrera, pero puido ser un accidente ou a morte que lle veu así".

"Din que foi de casualidade. Non sei se el se agarrou á figura ou como foi non sei", comenta a veciñanza.

Ou se houbo neglixencia. Ocorreu hai dous anos, o día antes do Domingo de Ramos. Estaban a preparar as figuras para a procesión.

"Estaba colocando as imaxes para a procesión ou algo asi e que nun descoido caeulle a imaxe enriba e faleceu do golpe".

"Foi ao revés. Doulle un infarto, agarrouse á figura e caeulle pero primeiro foi porque lle deu un infarto pero non a causa da caída da figura", engaden, sempre falando de oídas.

Morreu esa mesma noite. A familia descarta que se tratara dun ictus e defende que o golpe lle rompeu o cranio. Din que lle mandaron mover a figura e pídenlle responsabilidades á Igrexa, á arquidiocese de Santiago. 

"Sucedeu, e eu penso que a Igrexa non tivo culpa ningunha. Aproveitarse despois tamén é moi fácil".

O debate está na rúa, porque tamén está quen apoia a posición da familia. 

"A familia ten dereito a pedir o que lle corresponde. Eu faría igual".

"Que cada un fai o que quere".

No acto de conciliación non houbo achegamento de posturas. O representante da aseguradora nega relación entre a morte e o golpe, e máis, engade literalmente "nunha actividade voluntaria que non entraña risco e nun contorno coñecido". Coñecido o contorno si era. Levaba décadas movendo santos.

"Dez ou quince anos levábaos. Levaba tempo".

"Ademais traballou para o cura, que lle puxo as portas de dentro. Traballou moito tempo para o cura".

O informe médico prevese crucial no xuízo. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade