Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre por difteria un neno checo que non estaba vacinado

Morre por difteria un neno checo que non estaba vacinado

Chequia rexistra a primeira morte infantil por difteria dende o 1969

A enfermidade desaparecera do mapa sanitario checo ata a súa reaparición en 2022

En España a difteria mantén unha incidencia baixa con 17 casos confirmados na última década

A protección máis eficaz contra a difteria é a vacinación
G24.gal 27/05/2026 14:36

Chequia rexistra a primeira morte infantil por difteria dende o 1969 e reabre o debate sobre a efectividade das vacinas.

"En Europa pasouse de ao redor de 20 casos no 2020 ao redor de 250, 300 o ano pasado. Non son moitísimos pero claramente hai un aumento destes casos e nalgúns países está mesmo a circular de xeito persistente o patóxeno, o que pasa é que como temos en xeral coberturas vacinais moi elevadas eses casos seguen a ser excepcionais pero é un aviso a navegantes", explica Federico Martinón Torres, xefe do servizo de Pediatría do CHUS

A morte, hai uns días, dun pequeno que non estaba vacinado pon en entredito as teorías antivacinas. Sucedeu na República Checa, onde non se reportaban mortes infantís por difteria dende hai máis de 50 anos. O virus reapareceu no país hai 2 anos, primeiro con  6 casos. O ano pasado xa foron 14.

"Este triste caso non debe alimentar o medo, pero si que ten que alimentar a nosa memoria e a nosa responsabilidade". 

Unha responsabilidade que ten que ser colectiva. En España temos na memoria o pequeno de Olot falecido no Vall d´Hebrón no 2015. Aquí, na última década diagnosticáronse uns 15 casos, a maior parte deles importados doutros países.

"O que temos é que ser conscientes que é unha enfermidade moi grave, é unha enfermidade que se pode previr por vacinación e se deixamos de vacinar, esas enfermidades volven e afectan aos de sempre, aos máis vulnerables, empezando polos rapaces", conclúe o pediatra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade