Publicador de contidos

Publicador de contidos

O futbolista galego Lucas Pérez, estafado con 340.000 euros falsos na venda do seu coche e xoias

O futbolista galego Lucas Pérez, estafado con 340.000 euros falsos na venda do seu coche e xoias

Dúas persoas, xa detidas, déronlle 340.000 euros en billetes falsos polo seu vehículo, reloxos de luxo e varias xoias, nun método coñecido como rip deal

O dianteiro galego do Cádiz Lucas Pérez (Europa Press-Arquivo) O dianteiro galego do Cádiz Lucas Pérez (Europa Press-Arquivo)
G24.gal 27/05/2026 15:29

O futbolista galego do Cádiz C. F. Lucas Pérez foi vítima dunha estafa despois de que os dous autores lle desen 340.000 euros en billetes falsos polo seu vehículo, reloxos de luxo e varias xoias, nun método coñecido como rip deal.

A Policía Nacional informou este martes sobre a detención de dous homes por estafar 340.000 euros a unha persoa que quería vender o seu coche e unha serie de artigos de luxo, e segundo avanzou Radio Marca e confirmaron a EFE fontes da investigación, o futbolista sería a vítima deste suceso.

Cunha dilatada traxectoria en Primeira División en equipos como o Deportivo da Coruña ou Alavés, Pérez milita aos seus trinta e sete anos no Cádiz Club de Fútbol. A nivel internacional, Pérez desfrutou de dúas etapas na Premier League inglesa, no Arsenal e o West Ham United, e unha breve estancia na Eredivisie holandesa en 2025, nas filas do PSV Eindhoven.

As investigacións comezaron o pasado mes de febreiro, cando o futbolista acudiu a dependencias policiais interpoñer unha denuncia polos feitos ocorridos.

Explicou que puxera un anuncio co seu vehículo e unha serie de artigos de luxo que posuía e quería vender. Finalmente, acordou a venda cunhas persoas interesadas na adquisición destes obxectos, e organizaron unha reunión para tratar os termos da compravenda.

Nunha segunda cita foi onde se levou a cabo o abono do diñeiro pactado e o intercambio dos devanditos obxectos de valor: catro reloxos de luxo, tres aneis de ouro e diamantes e nove pezas de vestir.

Os cartos, en efectivo e nunha bolsa

O total abonado ascendía a 340.000 euros, dos cales 180.000 correspondíanse aos obxectos de valor e 160.000 como un primeiro pago do vehículo. O diñeiro foi entregado en efectivo e nunha bolsa e foi contado en presenza da vítima cunha máquina contadora de billetes.

Pero unha vez no seu domicilio, Lucas Pérez foi comprobar o aboado e descubriu que o diñeiro entregado eran billetes fraudulentos, e só tres billetes de cen euros eran auténticos.

Os axentes lograron identificar os autores da estafa, dous homes que foron localizados nun hotel onde se aloxaban en Madrid.

No momento da detención portaban entre as súas pertenzas cincuenta mil euros de diñeiro en efectivo, do que non puideron especificar a súa procedencia.

Por todos estes feitos, o día 12 de marzo foron detidos como presuntos responsables dun delito de estafa e pasaron posteriormente á disposición da autoridade xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade