Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha muller de 36 anos por matar a golpes a súa sogra, de 73, en Palma

Detida unha muller de 36 anos por matar a golpes a súa sogra, de 73, en Palma

A principal hipótese apunta a que a golpeou ata matala no transcurso dunha discusión, dado que o cadáver presentaba hematomas

A suposta agresora foi detida cando tentaba fuxir 

O persoal sanitario desprazado ata o lugar xa non puido facer nada por salvar a vida da muller 

Efectivos da policía científica diante do domicilio onde ocorreron os feitos Efectivos da policía científica diante do domicilio onde ocorreron os feitos
G24.gal 25/05/2026 19:58

A Policía Nacional detivo unha muller de 36 anos acusada matar este luns nun domicilio do barrio de Pere Garau de Palma a súa sogra, unha muller de 73, cuxo cadáver foi atopado con signos de violencia.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos sucederon entre as 16.30 e as 17.00 horas nun domicilio situado na rúa Benito Pons i Fàbregas da capital mallorquina.

O fillo da vítima foi quen atopou o cadáver e alertou a emerxencias 

Foi o fillo da vítima quen, tras achar o corpo sen vida no interior da vivenda, alertou aos servizos de emerxencias e aos corpos e forzas de seguridade.

Os primeiros en chegar ao lugar foron varios axentes da Policía Local de Palma, que interceptaron á sospeitosa, unha muller de 36 anos, cando trataba de fuxir do lugar e aínda se atopaba preto do portal do edificio.

A Policía Nacional detívoa como suposta autora dun delito de homicidio. Os axentes do Grupo de Homicidios asumiron a investigación e, ademáis de solicitar probas no domicilio, tomaron declaración a varias testemuñas.

Vítima e agresora convivían na mesma vivenda 

A vítima e a súa nora convivían no piso en que sucederon os feitos. A principal hipótese que barallan os investigadores, aínda que non se descartan outras posibilidades, é que no transcurso dunha discusión a arrestada lle propinou varios golpes que acabaron por causarlle a morte.

A comitiva xudicial xa procedeu ao levantamento do cadáver, que presentaba múltiples hematomas, e trasladárono ao Instituto de Medicina Legal, onde os forenses lle practicarán a autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade