Publicador de contidos

Publicador de contidos

Domingo accidentado nas estradas galegas cunha persoa morta e 15 feridas

Domingo accidentado nas estradas galegas cunha persoa morta e 15 feridas

O sinistro mortal ocorreu esta tarde na autovía do Noroeste en Lugo

G24.gal 12/07/2026 20:50 Última actualización 12/07/2026 22:31

O accidente mortal aconteceu ás catro e media da tarde. Un vehículo que circulaba pola autovía do Noroeste á altura do Ceao, en Lugo, deu varias voltas de campá. Os bombeiros tiveron que liberar o copiloto do turismo, que faleceu. A condutora trasladárona ao hospital.

Outro sinistro aparatoso sucedeu á altura de Cabral, en Vigo. Contra as doce e media da noite deste domingo, bateron tres coches e houbo que levar ao hospital tres persoas.

Pouco despois, en Santa Comba, a saída da vía dun vehículo deixaba feridos os seus catro ocupantes: dous menores e dous adultos. 

Tamén houbo que trasladar a un centro sanitario o ocupante dun coche que se accidentou en Coristanco. O sistema de alerta do vehículo avisou o 112 e os bombeiros de Carballo tiveron que liberar o ferido.

Contra unha casa

O cuarto sinistro da noite rexistrouse en Ponteceso contra as seis e media da mañá. O coche foise da vía e bateu contra unha casa á altura do salón.

No interior durmían catro persoas, que non sufriron danos, pero os catro ocupantes do vehículo necesitaron asistencia sanitaria porque tiñan feridas de consideración.

Outro accidente en Brión, deixou dúas persoas feridas. Trasladáronas ao hospital clínico de Santiago despois de que as liberara do coche persoal do Grupo de Emerxencias de Brión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade