Falece unha persoa tras dar varias voltas de campá co coche en Lugo
O condutor do turismo, o outro ocupante, foi retirado do interior do turismo polos persoas que se atopaban no punto
Imaxe de arquivo
Ás 16:30 horas desta tarde de comingo ocorreu unha saída de vía dun coche que circulaba pola A-6, quilómetro 501, ao seu paso por Pías, dirección Coruña, na cidade de Lugo.
Foron varios particulares os que contactaban co centro de emerxencias para pedir axuda.
O vehículo dou varias voltas de campá e os ocupantes quedaron atrapados no seu interior.
Decontado, o 112 Galicia puxo en marcha un operativo de intervención formado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Lugo, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o persoal de mantemento da vía.
Un ocupante do vehículo sinistrado foi trasladado ao hospital universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) polos servizos sanitarios.
O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que unha persoa faleceu e outra foi trasladada ao HULA. Así mesmo, os Bombeiros tras remataren a súa intervención, indicaron que tiveran que excarcerar a persoa falecida, que era o copiloto do vehículo.
O condutor do turismo, o ferido evacuado, foi retirado do interior do turismo polos particulares que se atopaban no punto.