Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abride a fiestra, a nova edición da feira dedicada a Rosalía de Castro en Padrón

Abride a fiestra, a nova edición da feira dedicada a Rosalía de Castro en Padrón

As actividades distribuiranse entre a horta, o auditorio e a casa de Rosalía

G24.gal 12/07/2026 15:52

Este domingo en Padrón celébrase Abride a fiestra, toda unha xornada arredor dunha das grandes das nosas letras, Rosalía de Castro.

Desde a media mañá e ata ben entrada a noite poderán gozar dun milleiro de actividades culturais: contacontos, actuacións musicais, visitas guiadas polo xardín de Rosalía e ata charlas sobre astronomía.

Arranca así unha nova edición da feira rosaliana, con opcións para todos os públicos.

As actividades distribuiranse entre a horta, o auditorio e a casa de Rosalía, en Padrón. Un plan fantástico para pasar este segundo domingo de xullo. O broche de ouro porao o grupo De Vacas.

Abride a fiestra é máis que un festival, é unha homenaxe arredor desta figura literaria que congrega profesionais de diversas esferas culturais en Padrón.

Esta cita, tamén contra con conversas entre as xornalistas Ana Liste e Carmen Vidal e escritores como Manuel Rivas, Pepe Barro ou Anxos Sumai. 

Non faltará a música, co Coro da Ra, o concerto de Cé Orquestra Pantasma e a actuación de Pecha a Cansela, entre outros.

"Abride a fiestra que quero ver o mar", así despedía Rosalía a súa casa. Hoxe ábrense de novo portas e ventás para celebrar a súa obra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade