Unha saída de vía sáldase con catro persoas feridas no Pino
Unha delas está ferida de maior gravidade
Imaxe de arquivo
Uns minutos antes das 14:00 horas deste mediodía, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 daba conta do accidente dunha saída de vía dunha furgoneta con cinco ocupantes na N-634, quilómetro 703, no concello coruñés do Pino.
Catro delas presentaban feridas de diversa consideración, unha delas de mais gravidade.
Os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Arzúa e de Santiago.
Finalmente, os axentes de Tráfico relataron que foran catro as persoas feridas de diversa consideración, estando unha delas ferida de maior gravidade que os profesionais sanitarios estaban estabilizando.
Ata o lugar, tras ser informados polo 112 Galicia tamén acudiu o persoal de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.