Cargando resultados...
Un accidente entre un camión e un convoi de transporte especial obriga a cortar a A-52 en Ribadavia
O tráfico desviouse pola estrada N-120
Garda Civil
G24.gal
06/07/2026 19:13
Unha colisión por alcance entre un camión e un convoi de transporte especial obrigou na tarde deste luns a cortar a autovía A-52 ao seu paso pola localidade ourensá de Ribadavia en dirección Benavente.
Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse sobre as 15.20 horas no punto quilométrico 252 desta estrada.
Nun primeiro momento, os axentes cortaron a circulación para camiones, pero ás 15.50 horas decidiron realizar un corte total, desviando o tráfico pola estrada N-120.