Cargando resultados...
O Ribadeo Indiano enche a vila de actividades para enxalzar o legado dos retornados
Durante toda a fin de semana a localidade mariñá acolle a visitantes que se achegan para revivir unha época marcada pola fortuna dos que regresaron á súa terra
G24.gal
11/07/2026 16:31
Nova edición do Ribadeo Indiano, unha festa que enxalza o legado dos emigrantes que regresaron á súa terra para investir nela.
A rúa San Roque serve de escenario para o mercado de ultramar. En total, son dezaseis os postos que hai con artesanía inspirada na época.
Ademais, tamén contan con visitas guiadas co personaxe do Vello Pancho.
A celebración inclúe actuacións musicais e exhibicións de coches de época, entre outras actividades que se prorrogan durante toda a fin de semana.