Os mellores cabalos de salto a nivel mundial compiten en Casas Novas
Centos de profesionais traballan durante meses na organización do concurso, un referente no eido europeo
Casas Novas reúne esta fin de semana a elite do salto ecuestre. Todas as miradas céntranse na entrega de trofeos da primeira proba da xornada, o Concurso Internacional de Saltos dunha estrela, no que compiten moitas das promesas da hípica mundial.
Pero fóra da gran pista central hai moi esforzo e traballo invisible sen o que nada disto sería posible. Nas cortes, os cabalos reciben todos os coidados que require un deportista de elite.
"Se aparecemos por aquí ás seis e media da mañá mesmo hai máis movemento que nestes momentos, porque é cando comezan os primeiros coidados dos animais: danlles de comer, lévanos a pasear... Son xornadas laborais moi longas, ademais dos veterinarios que están pendentes de todo para que todo se desenvolva ben", explica Pierre Tack, xefe de cortes en Casas Novas.
A seguridade e o benestar dos animais é a prioridade absoluta en Casas Novas, un dos centros de referencia no calendario hípico internacional. Un concurso destas características supón un importante reto loxístico que esixe meses de preparación e a implicación de moitos profesionais.
"É un non parar. Hai implicados equipos de todo tipo, de produción, de márketing, de restauración, de comunicación... porque cada ano intenamos que a edición sexa un pouco mellor que anaterior. Nuns mses cumpriremos cincuenta edición de Caas Novas e polo tanto estamos moi ilusionados con esta cifra", recoñece Álvaro Arrieta, director da coompetición.
Nesta edición participan preto de 130 cabalos e ao redor de 70 xinetes e amazonas dunha ducia de países. Durante tres días disputaranse doce probas nas instalacións de Casas Novas, consideradas entre as mellores de Europa.