Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cativada de Vimianzo recrea a loita irmadiña cun asaltiño pasado por auga

A cativada de Vimianzo recrea a loita irmadiña cun asaltiño pasado por auga

O Asalto ao Castelo é unha festa declarada de interese turístico de Galicia

G24.gal 04/07/2026 21:18 Última actualización 04/07/2026 21:41

Os fachos volverán prenderse en Vimianzo para iluminar un novo asalto ao castelo, unha festa con ADN irmandiño que nos devolve aos tempos da Baixa Idade Media, cando o pobo se rebelou contra os señores feudais.

Na tarde deste domingo asistimos ao prólogo do que acontecerá pouco antes da medianoite, cun asaltiño infantil pasado por auga.

O ataque produciuse ao berro de "lume", pero non ardeu nada, máis ben o contrario. A versión cativa da loita irmandiña foi, sobre todo, unha festa da auga de molladura tan inevitable como benvida, porque os termómetros superaban os trinta graos. 

O asaltiño faise en familia. É diversión sen límite de idade e en estado puro, pero tamén unha mirada orgullosa cara a historia e o pasado medieval de Vimianzo, cando os vasalos, fartos dos abusos dos nobres, se alzaron en armas contra os Moscoso.

A escenificación do asalto ao castelo é o momento máis agardado dunha festa que continúa o domingo, con visitas guiadas e teatralizas á fortaleza vimiancesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar