Morre un bañista na praia do Bao na Illa de Arousa
A súa dona botouse á auga para rescatalo despois de percibir que pedía auxilio
Imaxe de arquivo da praia do Bao
Dez minutos antes da 13:30 horas, un particular comunicaba ao 112 Galicia que unha persoa pedía axuda agarrado a unha boia, na ponte da Illa de Arousa, na praia do Bao.
A súa dona botouse á auga para rescatalo despois de percibir que a vítima pedía auxilio.
O aletador xa indicaba aos xestores de emerxencias que a súa muller saíra no seu rescate e que unha vez con el, pedía axuda tamén.
Segundo a información recibida no 112 Galicia, puideron entre varias persoas, traer ao varón ata terra onde profesionais sanitarios procederon a realizar as manobras de reanimación, mentres o helicóptero medicalizado con base en Santiago do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 se desprazaba ao punto.
De feito, a aeronave tomou terra no aparcadoiro de caravanas da zona. Sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida.
Ademais do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, o 112 Galicia pasou aviso á Garda Civil, aos Bombeiros do Salnés, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa falecida na Illa de Arousa
— 112 Galicia (@112Galicia) July 11, 2026
📍Praia do Bao, Illa de Arousa
➡️O home tras ser retirado da auga, nada se puido facer por salvarlle a vida
🔗https://t.co/hAANAEf6eE pic.twitter.com/soaMediCvP