Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa a busca da muller de 75 anos que desapareceu en Vigo

Continúa a busca da muller de 75 anos que desapareceu en Vigo

A muller, que ten principios de alzhéimer, foi captada polas cámaras de seguridade camiñando por Rande en dirección a Redondela

G24.gal 11/07/2026 19:53

En Redondela, seguen buscando a muller de 75 anos que desapareceu hai dúas semanas. O rastrexo céntrase onde o teléfono móbil foi localizado por última vez.

Ás 10 da mañá comezaba unha nova xornada de busca da muller de 75 anos, veciña de Vigo, que desapareceu o día 29 de xuño.

Saíu da súa casa, no barrio do Calvario, para dar un paseo e non regresou. A muller, que ten principios de alzhéimer, foi captada polas cámaras de seguridade camiñando por Rande en dirección a Redondela.

Aquí, na aldea de Padrón, no concello de Redondela, foi onde os repetidores de telefonía situaron o seu móbil por última vez. O rastrexo vaise centrar hoxe na zona dos Valos e Nespereira. 

A familia da desaparecida quéixase da tardanza en activarse o dispositivo oficial de busca.

Na busca participan arredor de 50 voluntarios e efectivos da Policía Nacional,

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade