Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres persoas quedan feridas nun accidente múltiple en Vigo

Tres persoas quedan feridas nun accidente múltiple en Vigo

Os feridos estaban todos accesibles pero precisaban asistencia sanitaria

G24.gal 12/07/2026 10:09 Última actualización 12/07/2026 11:07

En Vigo, tres persoas resultaron feridas logo de producirse un accidente con tres coches implicados que circulaban pola N-555, quilómetro 6, á altura de Cabral, na localidade de Vigo.

Sucedeu ao fío das 00:30 horas desta pasada noite. Un particular chamaba a esa hora ao 112 Galicia para informar dun accidente entre tres coches. Indicaba que os feridos estaban todos accesibles pero precisaban asistencia sanitaria.

A partir de aí, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e tamén informaron aos Bombeiros da cidade e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Finalmente, os profesionais sanitarios confirmaron o traslado de tres persoas ao centro hospitalario de referencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade