Cargando resultados...
Catro feridos nunha saída de vía en Ponteceso
Os ocupantes do vehículo non tiveron que ser excarcerados
Imaxe de arquivo
G24.gal
12/07/2026 11:18
O acccidente ocorreu sobre as 06:30 horas da mañá deste domingo, na DP-6805, en Cores, Ponteceso.
Un particular deu o aviso ao 112 Galicia, alertando de que un coche con catro ocupantes tivera un accidente, unha saída de vía.
Ata o lugar achegáronse o 061, a Garda Civil e o GES de Ponteceso.
Os ocupantes do vehículo non tiveron que ser excarcerados, pero algúns atopábanse feridos de consideración.