Publicador de contidos

Publicador de contidos

As treboadas irrompen con sarabia na Mariña lucense

As treboadas irrompen con sarabia na Mariña lucense

Asemade, había aviso amarelo no resto da provincia de Lugo e no extremo norte da Coruña

G24.gal 12/07/2026 18:05

As treboadas irromperon este domingo na Mariña lucense, onde estaba activado o aviso laranxa por tormentas.

En zonas como Barreiros ou Foz, estivo chovendo e sarabiando durante minutos nesta tarde. 

Rexistráronse acumulacións de 30 litros por metro cadrado nunha hora. As tormentas, foron  acompañadas de refachos de vento moi fortes e de pedrazo de gran tamaño.

Asemade, había aviso amarelo no resto da provincia de Lugo e no extremo norte da Coruña.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade