Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un inaudito fenómeno meteorolóxico deixou cuantiosos estragos en Vila de Cruces

Un inaudito fenómeno meteorolóxico deixou cuantiosos estragos en Vila de Cruces

O pedrazo deixou danos en tellados, ventás e persianas, ademais de causas estragos en coches e cultivos

Estado en que quedou o tellado dunha granxa en Brandomés a consecuencia do pedrazo
G24.gal 14/07/2026 14:28

As imaxes gravadas polos veciños de Brandomés dan fe do inaudito fenómeno meteorolóxico que viviron o sábado. Durante máis de media hora caeu pedrazo do tamaño de ovos. Nin os máis vellos da aldea lembran algo semellante.

As consecuencias están á vista. Tellados, ventás e persianas rotas e ducias de coches crocados. Pero o que máis lles doe é que se botara a perder o traballo do ano nas hortas, nos cultivos e nos viñedos. Non quedou nada en pé.

Pero sempre hai quen en situacións difíciles tira de humor e algo de temeridade tamén. En San Tomé de Obra a treboada colleunos preparando a Festa da Sardiñada. Lonxe de suspendela, literalmente aguantaron como puideron. Como conta un dos organizadores, tres aguantaron a lona que cubria as mesas onde ían cear ata que pasou a treboada e seguiron adiante coa festa.

Os afectados están facendo reconto dos estragos e reclaman apoio das administracións para facerlles fronte aos danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade