Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT inicia este luns unha campaña de control de alcol e outras drogas

A DXT inicia este luns unha campaña de control de alcol e outras drogas

O operativo especial esténdese ata o domingo 19, sobre todo nas zonas turísticas e de ocio

O obxectivo é concienciar sobre os riscos do consumo de alcol e drogas ao volante

En 2024, foi o segundo factor concorrente máis habitual en sinistros de tráfico

G24.gal 12/07/2026 20:16 Última actualización 12/07/2026 21:06

A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha dende este luns unha campaña especial para controlar o consumo de alcol e outras drogas ao volante. O operativo vai ter especial incidencia nas zonas turísticas e de ocio.

O obxectivo é concienciar sobre os riscos destas substancias na condución. En 2024, foi o segundo factor concorrente máis habitual en sinistros de tráfico.

Segundo os datos da DXT, o alcol estivo presente no 12% do total de sinistros e foi factor concorrente no 28% dos que rexistraron vítimas mortais, con 273 casos asociados.

O 29% (218) das persoas condutoras falecidas ás que se lles fixo a proba de alcolemia (79% do total) deron positivo, o que supón un aumento dun punto porcentual respecto ao ano 2023.

O incremento do tempo de reacción, a subestimación da velocidade, os problemas de visión ou a falla de coordinación son algunhas das consecuencias da inxesta do alcol. A campaña insiste en que a única taxa realmente segura é 0,0 g/l.

Resultados da campaña especial de xullo de 2025

A campaña que se desenvolveu en xullo do ano pasado, entre o 14 e o 22, rematou con 31.139 probas realizadas e 928 positivos cando menos nalgunha das dúas substancias (alcol ou drogas).

A nivel provincial, 12.531 probas foron realizadas na Coruña (12.138 de alcol e 393 de drogas), 7.493 en Lugo (7.297 de alcol e 196 de drogas), 6.617 en Ourense (6.456 de alcol e 161 de drogas) e 4.498 en Pontevedra (4.417 de alcol e 81 de drogas).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade