Remata o Festival do mundo celta de Ortigueira
O festival reuniu desde o xoves en Ortigueira unhas 100 mil persoas
En Ortigueira, remata este domingo unha nova edición do festival do mundo celta. O evento reuniu grupos de todo o mundo e fixo gozar milleiros de persoas.
Un dos eventos mais agardados do Festival de Ortigueira é o seu tradicional desfile de bandas de gaitas.
Ademais da anfitrioa, a Escola de Gaitas de Ortigueira, outras dez agrupacións de Galicia, Asturias, Bretaña ou Escocia participaron no Desfile das Nacións Celtas, que se celebra cada ano na xornada de clausura.
Un ano máis, o festival convetreu Origueira nunha das grandes referencias de Europa no ámbito da música folk.
A partir das 8 da tarde comezan os últimos concertos. A actuación do gaiteiro Anxo Lorenzo poñeralle fin a esta edicion número 48 do festival, que desde o xoves reuniu en Ortigueira unhas 100 mil persoas.