Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ortigueira acolle milleiros de persoas no seu Festival Internacional do Mundo Celta

Ortigueira acolle milleiros de persoas no seu Festival Internacional do Mundo Celta

O festival é un dos referentes mundiais do folk e da cultura celta

A cita está declarada de Interese Turístico Internacional

G24.gal 09/07/2026 14:25

O Festival Internacional do Mundo Celta é un dos referentes mundiais do folk. E isto reflíctese no seu programa musical.

"Están os irlandeses de Lúnasa, hai novos valores, grupos de toda Europa, bandas tradicionais. E así ata o domingo cun montón de actividades e concertos", conta Alberto Balboa, responsable do Festival Internacional do Mundo Celta.

As actividades desenvólvense en varios escenarios. Inclúen música nas rúas, obradoiros, exposicións ou a apertura da Vila Celta. Un amplo programa que atrae milleiros de visitantes a Ortigueira.

É un festival tradicional, pero nesta edición hai algunha novidade.

"Este ano cambiamos algunhas cousas de localización en tema de escenarios. Potenciamos o que chamamos a Vila Celta, con concertos todo o día. Seguimos avanzando para non quedar moi cómodos e manter o festival o máis alto posible".

Todo un reto para unha cita declarada de Interese Turístico Internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade