Publicador de contidos

Publicador de contidos

Do folk de Ortigueira ao polbo de Mugardos, as grandes citas da fin de semana

Do folk de Ortigueira ao polbo de Mugardos, as grandes citas da fin de semana

O Festival Internacional do Mundo Celta lidera unha axenda que inclúe PortAmérica, o Vigo Sea Festa e as celebracións da Virxe do Carme 

Artistas como Juan Luis Guerra visitan Galicia para completar unha axenda con propostas para todos os públicos 

Festival Ortigueira Festival Ortigueira
G24.gal 09/07/2026 09:10

A segunda fin de semana de xullo chega cargada de propostas en toda Galicia. A música volverá ser a gran protagonista con festivais e referencias como o Festival de Ortigueira ou PortAmérica, aos que se uman grandes concertos e numerosas festas gastronómicas e tradicionais repartidas por todo o territorio. 

Música 

Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira (Ortigueira, do 9 ao 12 de xullo): a vila coruñesa volve converterse na capital da música celta cun programa que reúne artitas internacionais, concertos gratuítos, pasarrúas e actividades paralelas. 

PortAmérica (Portas, 9 ao 11 de xullo): o festival combina musica e gastronomía cun cartel ecabezado por artistas como Hombres G, Dani Martín, Amaia ou Xoel López. 

Rock in Río Tea (Ponteareas, 10 e 11 xullo): o festival regresa cunha nova edición dedicada ao rock e á música en directo. 

Carlos Rivera (A Coruña, 11 de xullo): o cantante mexicano actuará dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. 

Feid (Santiago de Compostela, 11 de xullo): o artista colombiano presenta o seu FALXO TOUR na Cidade da Cultura. 

Yandel Sinfónico (A Coruña, 12 de xullo): o portorriqueño ofrecerá un espectáculo que mestura os seus grandes éxitos cunha orquestra sinfónica. 

Juan Luis Guerra, Elvis Crespo e Gente de Zona (Sanxenxo, 12 de xullo): tres referentes da música latina compartirán escenario nun dos concertos máis destacados da fin de semana. 

O Gozo Festival (11 de xullo): o Monte do Gozo acolle artistas interacionais como Martin Garrix ou Maroon 5 nesta nova edición do fesitval.

Gastronomía  

Festa do Polbo de Mugardos (Mugardos, 11 de xullo): a cita gastronómica rende homenaxe ao polbo á mugadersa con degustacións e actuacións musicais. 

Vigo SeaFest (Vigo, do 9 ao 12 de xullo): o festival do mar reúne gastronomía, concertos e actividades para divulgar a cultura mariñeira e o consumo de produtos do mar. 

Festa da Cigala (Vigo, do 10 ao 12 de xullo): a cigala será a protagonista dunha nova edición desa cita gastronómica. 

Festas dos Callos de San Bieito (Allariz, 11 e 12 de xullo): a gastronomía tradicional volverá ser o eixo desta celebración. 

Tradición 

Virxe do Carme (Marín, do 11 ao 16 de xullo): a vila celebra unha das súas festas máis multitudinarias con actos relixiosos, procesión marítima, concertos e verbenas. 

Romaría Virxe do Porto (Meirás-Valdoviño, 10 ao 12 xullo): a romaría reunirá os residentes da vila arredor dunha das celebracións máis populares da comarca.                                        

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade