O Carballiño promoverá na Feira de Abril a súa gastronomía e festas, como a do polbo
O día 20 de abril a vila do Arenteiro estará presente na caseta o Lar do Galego
Levarán imaxes representativas da localidade, como as súas festas gastronómicas e lugares como o templo da Veracruz
O obxectivo é promocionarse nun escaparate con milleiros de persoas como un destino turístico do interior galego durante todo o ano
Se preguntamos á xente do Carballiño cales son os principais atractivos da súa vila non falta a gastronomía a e as súas festas.
"O Carballiño desde logo ten que saír en todo o mundo, non só en Sevilla, porque é fermoso, temos de todo, o polbo xa non digamos, a carne ao caldeiro tamén". "A Veracruz, iso é impresionante e o parque". "A festa do polbo, que é moi famosa, xa internacional".
Todas estas cousas, as citas e os lugares máis representativos da vila do Arenteiro daranse a coñecer o vindeiro día 20 de abril, na caseta do Lar Galego na Feira de Sevilla.
"Verdadeiramente é para nós un pracer expor as imaxes do Carballiño e onde principalmente a nosa Festa do Polbo, de carácter internacional. Imos ter outras imaxes da localidade, o templo da Veracruz, a natureza. Unha vila dinámica, temas culturais, a Semana Santa, que é moi importante no Carballiño e agora foi declarada de Festa de Interese Turístico galego", explica Manuel Dacal, o concelleiro de Turismo do concello do Carballiño.