Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo lembra ás vítimas do "terrible" incendio de Almería

Feijóo lembra ás vítimas do "terrible" incendio de Almería

Transmitiu todo o seu afecto e solidariedade aos afectados polo incendio e o seu agradecemento ao persoal de emerxencias

Asegurou que non é día para falar dos casos de presunta corrupción que afectan ao Goberno, ao PSOE e á contorna de Sánchez

G24.gal 11/07/2026 22:00

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, trasladou este sábado o seu "recordo emocionado" ás vítimas e ás familias do "terrible incendio" de Almería, así como a "todas as persoas que están sufrindo as consecuencias dun horror".

Tamén agradeceu o compromiso de "quen dende o servizo público se xogan a vida todos os días para salvar a vida dos demais", en referencia aos bombeiros, os profesonais de emerxencias, os militares, as forzas e corpos de seguridade do Estado, o persoal sanitario, de Portección Civil e os voluntarios.

"A desgraza volve cebarse en Andalucía, despos das inundacións e despois do accidente de Adamuz", lamentou o líder popular ao inicio da súa intervención no XVI Congreso Nacional de Novas Xeracións que se celebrou en Valladolid.

Feijóo agoirou un verán "moi complicado" e chamou a extremar as precaucións e non baixar a garda "nin en verán nin en outono". Nese sentido, asegurou que "todas as comunidades autónomas e todos os concellos imos seguir traballando para garantir a seguridade dos cidadáns e do noso medio ambiente". 

"Hoxe non é o día para falar de corrupción e de escándalos porque choramos as vítimas", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade