As persoas evacuadas en Almería xa foron trasladadas a hoteis da zona
No pavillón deportivo de La Garrucha aínda atenderon 30 desprazados este sábado.
Esta situación de emerxencia espertou unha onda de solidariedade cos afectados.
O pavillón deportivo de La Garrucha é un dos puntos onde acolleron as máis de 1.400 persoas que tiveron que abandonar as súas vivendas. Despois de que onte recibiran aquí máis de 300 desaloxados, a situación este sábado é de máis calma.
"Estamos nun estado de bastante calma, 30 persoas. Cando foi duro foi onte. Ás dúas da tarde avisáronnos de que desaloxaban unha barriada de Los Gallardos e viñeron de súpeto unhas 300 persoas, e chegamos a un pico de 350", explica o alcalde de La Garrucha, Álvaro Ramos.
A solidariedade foi inmediata. A colaboración tanto dos concellos veciños como de empresas e particulares axudou a solventar a situación.
"Trouxeron cámaras frigoríficas de camións, auga, xeo, alimentos, ventiladores. La Garrucha foi moi solidaria con esta traxedia e saímos adiante", asegura o alcalde.
"A atención foi marabillosa, non hai queixa deso, quéixome doutras cousas." "Aloxáronnos aquí e tivemos moita emoción", din dous desprazados.
O Servizo e Emerxencias 112 de Andalucía informou na tarde do sábado que todas as persoas evacuadas de Los Gallardos foron realoxadas en establecementos da zona.