Vigo acolle o primeiro Salón do Caravaning con solucións para todos os públicos
Estudos independentes reflicten que cada ano entran polas fronteiras de España un millón de caravanas
Polas fronteiras españolas entran cada ano un millón de familias en caravanas, un tipo de turismo que está en auxe en toda Europa. Vigo acolleu dende o xoves o primeiro Salón Atlántico de Caravaning, unha feira con opcións e prezos para todos os públicos e petos.
A filosofía das vacacións de moitos e moitas dos que asisten a esta feira é a de viaxar dunha maneira autónoma, flexible e cun contacto directo coa natureza, fronte a paquetes hoteleiros tradicionais en destinos máis masificados.
Durante catro días, os militantes do turismo itinerante puideron gozar nun mesmo espazo de 50 expositores, produtos de vinte marcas e solucións para as súas acampadas. E todo iso ás portas da tempada estival.
Preside este Salón o posto da Asociación Galega de Autocaravanas, a que ten máis socios en toda España e que leva máis de vinte anos en pé.
"Non hai un perfil concreto. Está medrando moito o turismo, está en auxe e estanse incorporando familias novas. É unha forma de viaxar distinta. Esto non te obriga a depender de reservas, e se un venres acabas de traballar colles a túa caravana e vaste. Para nós son as nosas casas. Temos as nosas casas en pequeno, as nosas cama, o noso colchón, a miña taza de almorzo, a miña roupa. Levas de todo e é a túa casa en pequeno e con rodas" cnta a TVG Mar García, a presidenta da asociación galega de autocarvanas
Neste salón temos modelos de 400.000 euros, de 100.00, de 60.000... Porque hai vinte marcas distintas. E hai solucións como a que propón esta empresa de Vigo, fundada hai catro anos.
Vancubic camperiza unha furgoneta nunha hora. A idea inicial era que os traballadores usaran a fin de semana o seu coche de traballo para desfrutar, por case 15.000 euros.
"É verdade que nós primeiro encaixabamos ese produto para os autónomos, pero hai tanto forofo do mundo campper e está medarando tanto, que agora o 85% do perfil do noso cliente é unha persoa que só quere disfrutar, sen artarse inversión dun vehículo, pero disfrutar", explica Andrea Rodríguez, directora de marktic de Vancubic Vigo.
"Falan as estatísticas que un 37% dos españois están pensando nalgún momento da súa vida en comprar ou vivir a experiencia do caravaning. Son datos aplastantes. É un turismo que nas cidades deixa moitos cartos, porque segundo estudos independentes cada autocarvana deixa 250 euros diarios no lugar onde vai", engade Carlos Landín, o director do Salón Atlántico do Caravaning en Vigo.