Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bota a andar en Ribeira unha campaña para reducir o lixo nas feiras ambulantes

Bota a andar en Ribeira unha campaña para reducir o lixo nas feiras ambulantes

A iniciativa está integrada no proxecto medioambiental Plancton de Afundación

G24.gal 05/07/2026 18:48 Última actualización 05/07/2026 19:12

Ribeira foi o punto de partida da campaña "Mercados sen lixo", integrada no proxecto medioambiental Plancton de Afundación, que pretende previr a contaminación nas zonas próximas ao litoral.

Neste caso, a iniciativa céntrase na redución dos residuos xerados nas feiras ambulantes. Na beira do peirao colócanse redes para evitar que os refugallos acaben no mar.

Ademais, repártense bolsas reutilizables entre a clientela e nos postos, para separar o lixo. Do mesmo xeito, instálase un colector específico para desbotar as perchas, que moitas veces rematan onde non deben.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade