Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pesca 1 rescata media ducia de persoas que navegaban a 155 millas de Vigo

O Pesca 1 rescata media ducia de persoas que navegaban a 155 millas de Vigo

A operación considérase límite pola longa distancia entre a base do Pesca 1 e o lugar de actuación, case en augas portuguesas

G24.gal 22/04/2026 16:40 Última actualización 22/04/2026 18:40

O helicóptero Pesca 1, de Gardacostas de Galicia, rescatou media ducia de persoas que navegaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo.

O barco levaba a bordo catro homes e dúas mulleres, navegaba con bandeira de Estonia, tiña unha vía de auga e quedara sen motor.

A tripulación activou a radiobaliza e solicitou a evacuación ás 9:30 da mañá deste mércores, segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo.

A actuación levouse a cabo tras recibir aviso do Centro Coordinador de Salvamento Marítimo de Fisterra, que se fixo cargo do operativo e mobilizou tamén o Helimer 401, con base na Coruña.

A operación considérase límite pola longa distancia entre a base do Pesca 1 e o lugar de actuación, case en augas portuguesas, pero o helicóptero puido cumprir con éxito a súa misión e levar aos pasaxeiros do veleiro ata o aeroporto de Peinador en Vigo sans e salvos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade