Susto en Riazor, con dúas bañistas con dificultades polas ondas nunha xornada de praia
As dúas mulleres conseguiron finalmente saír do mar sen axuda
Como en pleno verán a finais do inverno: o termómetro supera os 27 graos na Arnoia
Todo quedou nun susto pero a situación que se viviu na tarde deste martes na praia de Riazor, na Coruña, foi de auténtica angustia.
Dúas mulleres, que aproveitaron esta primeira xornada de calor para darse un baño, tiveron moitos problemas para mantenerse a flote polas ondas e a resaca que había no mar.
Un home que paseaba pola praia foi o que chamou ao 112, ás 17:35, para avisar das dificultades que estaban tendo as dúas bañistas que nadaban nunha zona preto dunhas rochas. As ondas e a resaca impedíanlles achegarse ata a beira da praia, motivo polo que se viviron momentos de moita tensión.
Alertouse a Salvamento Marítimo, Policía Nacional e Local pero finalmente non foi necesaria a súa intervención, xa que elas mesmas conseguiron sair do mar polo seu propio pé.