Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un operario tras caerlle enriba unha árbore en San Cibrao das Viñas

Falece un operario tras caerlle enriba unha árbore en San Cibrao das Viñas

O suceso produciuse sobre as 14.40 horas deste martes na zona de Rante

G24.gal 19/05/2026 16:36 Última actualización 19/05/2026 16:55

Un operario perdeu a vida tras caerlle enriba unha árbore mentres realizaba labores de talla no municipio ourensán de San Cibrao das Viñas.

O suceso produciuse sobre as 14.40 horas deste martes na zona de Rante.

A persoa que deu o aviso indicou que o traballador se atopaba facendo tarefas de talla cando a árbore lle caeu enriba.

O home estaba liberado, pero atopábase inconsciente e necesitaba asistencia sanitaria.

Ata o lugar acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Con todo, a pesar dos esforzos realizados, os equipos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento do traballador.

No operativo tamén participou o GES do Pereiro de Aguiar e a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade