Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladan en helicóptero en estado grave un traballador que caeu dunha estada en Boiro

Trasladan en helicóptero en estado grave un traballador que caeu dunha estada en Boiro

O operario, de 61 anos, caeu a un patio interior e quedou inconsciente

Arquivo Arquivo
G24.gal 22/05/2026 19:08

Un home de 61 anos tivo que se trasladado en helicóptero ao Hospital Clínico Universitario de Santiago tras resultar ferido grave ao caer desde unha estada a un patio interior no municipio coruñés de Boiro.

Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 16.00 horas deste venres na rúa Estatuto de Galicia e foi un particular o que deu a voz de alarma e avisou de que o ferido estaba inconsciente.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que mobilizaron o helicóptero medicalizado, unha ambulancia e persoal sanitario do PAC de Boiro. Os bombeiros empregaron unha padiola para levar ata a ambulancia o ferido, que permanecía inconsciente e que finalmente foi evacuado en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago.

No operativo tamén participaron a Garda Civil, os Bombeiros de Boiro, a Policía Local e Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade