O hospital de Ourense elabora o primeiro Manual de Boas Prácticas na atención a persoas trans
O persoal da área sanitaria de Ourense elaborou o primeiro Manual de Boas Prácticas na atención a persoas do colectivo trans desenvolvido nun centro sanitario público
O Manuel de Boas Prácticas é unha iniciativa pioneira destinada a facilitar unha atención sanitaria inclusiva, respectuosa e libre de discriminación
O personal da área sanitaria ourensá elaborou un documento de boas prácticas para promover unha atención sanitaria respetuosa ás persoas do colectivo trans. Entre outros aspectos recomenda respetar os pronomes, validar a súa identidade ou priorizar a discreción. Na elaboración do documento participaron profesionais sanitarios, personas usuarias e entidades vinculadas á defensa dos derechos do colectivo trans.
"Vimos que as dificultades das persoas trans non teñen que ver con esa etiqueta, se non coa mirada da sociedade. Este manual tenta poñer o énfase en todo o contrario, de que forma podemos quitar esa mirada patolóxica.", explica Pablo Barrio, Psicólogo e Coordinador da ONG Aopio Positivo Ourense.
"Vimos a necesidade de xerar coñecemento en relación ao trato. Así se fixo o manual a través dun grupo de traballo con personal da nosa Áresa Sanitaria e persoas alleas ao sistema sanitario. Vainos axudar a mellorar a calidade da asistencia a estas persoas nun entorno máis seguro e libre de discriminación.", afirma Iciar Solache, endocrinóloga do Hospital de Ourense.
"Foise creando unha rede a base de contactos, unhas persoas foron traendo a outras e foise xerando un grupo colaborativo con profesionais, pacientes e asociacións para poder elaborar un documento que realmente fixera reflexionar e sobre todo funcionar mellor.", di Esther Pérez, Supervisora de Formación da Área Sanitaria de Ourense.
"É un traballo que durou en total prácticamente tres anos no que tivemos xuntanzas constantes nas que cada un dos puntos do documento foi concienzudamente revisado. É un traballo profesional, serio e desde logo á altura.", explica Miguel Vieito, avogado especialista en Dereito á Saúde e Loita contra a Discriminación.