Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declarada a situación 2 no incendio de Ribas de Sil pola proximidade ao núcleo de Chenzas

Declarada a situación 2 no incendio de Ribas de Sil pola proximidade ao núcleo de Chenzas

A causa máis probable do incendio é un raio

A Xunta declarou a situación 2 no lume de modo preventivo

G24.gal 11/07/2026 21:37

A Consellería do Medio Rural informou dun incendio forestal, que se rexistra no concello lucense de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei.

O lume iniciouse ás 18.22 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas de superficie afectada. 

A causa probable do incendio é un raio que caeu no monte durante a tarde deste domingo.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 5 axentes, 9 brigadas, 9 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 4 avións. 

Na noite deste domingo a Xunta declarou a situación 2 no lume de modo preventivo debido á proximidade co nucleo de Chenzas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos