O Complexo Hospitalario de Santiago medra e obriga a repensar os seus accesos
O CHUS terá o seu acceso principal desde o periférico, segundo o novo plan de ordenación
O PIA, para ordenar a contorna do Complexo Hospitalario de Santiago, vai ser envíado ao concello para a súa aprobación inicial
O obxectivo é mellorar o tráfico e o aparcadoiro adaptándoo ao crecemento do hospital
Considerado de interese supramunicipal, o proxecto de ordenación da contorna do CHUS prevé unha mellora no sistema viario dos accesos, que converterá en acceso principal unha nova vía que o conectará co periférico, nun perímetro que dará entrada tamén pola glorieta da Choupana, a avenida de Barcelona e o Campus Sur.
"A actuación inicial, a máis inmediata é a glorieta da Choupana, que xa está recollida no planeamento. Para o resto de actuacións precisamos da aprobación definitiva dese proxecto de interese autonómico que contamos que se aprobe no vindeiro verán. Por iso esta mesma semana remitirémolo ao concello para a súa conformidade inicial", explicou Maria Martínez Allegue, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruras.
Ese Plan de Interese Autonómico, PIA, inclúe a construción dun aparcadoiro de 1.500 prazas. De Xeito provisional prevése hablitar 500 aparcadoiros.
"Así, aproveitando a oportunidade estratéxica do PIA, desde a Consellería de Sanidade apostamos por darlle un maior alcance á ampliación do CHUS priorizando as actuacións que consideramos máis necesarias no curto prazo", declarou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.
Entre esas actuacións aludiron ao o edificio C, onde irá a Unidade de Reprodución Asistida e Mama. Ademáis, o Centro de Protonterapia e Urxencias.
O PIA inclúe tamén actuacións de axardinamento, humanización e mellora da mobilidade na zona hospitalaria.