Morre o traballador que estaba ferido grave tras caer dunha estada en Boiro
O home, C. S. M, foi trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago este venres
Imaxe de arquivo
Un home de 61 anos, faleceu tras resultar ferido grave ao caer dunha estada no patio interior dun edificio no municipio coruñés de Boiro.
O suceso produciuse sobre as 16:00 horas deste venres na rúa Estatuto de Galicia, polo que foi trasladado en helicóptero ao Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).
Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que mobilizaron un helicóptero, unha ambulancia SVB e persoal sanitario do PAC de Boiro.
O home, C. S. M, foi trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. No operativo tamén participou a Garda Civil, os Bombeiros de Boiro, a Policía Local e Protección Civil.