Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acepta catro anos de cadea por intentar matar o seu exmarido en Carballo

Acepta catro anos de cadea por intentar matar o seu exmarido en Carballo

A rebaixa da pena acordada polas partes inclúe a atenuante de alteración psíquica

G24.gal 14/07/2026 15:20

Unha muller acusada de intentar matar o seu exmarido en Carballo en 2022 aceptou catro anos de prisión así como o pago de multas por importe total de 2.226 euros.   

"Recoñezo os feitos", declarou a condenada no xuízo fixado para este martes na sección segunda da Audiencia Provincial coruñesa.

Foi tras un acordo entre o Ministerio Público, acusacións particulares e defensa en canto á responsabilidade penal ao recoñecer os feitos a muller e pactarse unha rebaixa da pena. A mesma inclúe a atenuante de alteración psíquica.

"No momento dos feitos, concorrían elementos patolóxicos que atentaban de forma significativa ás súas capacidades psíquicas", concretou a representante da Fiscalía en Sala. 

 Deste xeito, o Tribunal considerouna autora dun delito de homicidio en grao de tentativa, outro de danos continuados e un terceiro leve de lesións. Deste xeito, acordou catro anos de prisión e o pago de multas por importe total de 2.226 euros. Entre outras medidas, tamén impuxo ordes de afastamento e prohibición de comunicación respecto do exmarido e das dúas fillas menores que teñen en común.

Para determinar a responsabilidade civil, isto é, a contía das indemnizacións polos danos causados, tanto privados como materiais, o xuízo continuará este mércores. 

Os feitos sucederon o 9 de outubro de 2022, cando a procesada acudiu no seu vehículo ao domicilio da súa exparella, onde este se atopaba coas dúas fillas menores que ambos tiñan en común.    A muller portaba un coitelo e, despois de ser atendida polo pai do seu exmarido, manifestou que quería falar con el e asegurou: "Quería matalo, que ela do cárcere ía saír, pero que o seu fillo do cemiterio, non".   

A condenada puxo en marcha o seu vehículo e golpeou o portal da leira cando unha das súas fillas comúns estaba a pechalo, desprazándoo ata impactar contra o xeonllo da menor, que sufriu lesións.   A continuación, cando o home saíu da vivenda e dirixiuse ao portal, volveu ameazalo de morte, situou o vehículo fronte á entrada e acelerou coa intención de acabar coa súa vida, batendo violentamente o portal, que caeu sobre a vítima mentres trataba de pechalo. 

 Como consecuencia do impacto, o home sufriu múltiples fracturas e outras lesións que precisaron varias intervencións cirúrxicas. Quedáronlle importantes secuelas neurolóxicas, visuais e estéticas, alén dunha incapacidade permanente total para a súa profesión habitual.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade