Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xuízo o futbolista do Real Madrid Ferland Mendy polo ataque dun dos seus cans a un menor

A xuízo o futbolista do Real Madrid Ferland Mendy polo ataque dun dos seus cans a un menor

A Fiscalía solicita para o defensa Ferland Mendy unha multa de 1.200 euros e unha indemnización de 5.700 euros para os afectados 

Javier Borrego/AFP7/Europa Press-Arquivo Javier Borrego/AFP7/Europa Press-Arquivo
G24.gal 30/06/2026 09:15

O futbolista do Real Madrid Ferland Mendy irá a xuizo por un presunto delito de lesións despois de que un dos seus cans atacase un menor de 17 anos e outros dous animais en Alcobendas, en xaneiro de 2023. 

O Xulgado de Instrución acordou a apertura de xuízo oral e remitir a causa ao Xulgado do Penal, aínda sen data fixada para a vista. A Fiscalía solicita para o xogador unha multa de 1.200 euros e unha indemización de 5.700 euros polos danos causados. A acusación particular reclama seis meses de prisións e unha indemnización de 22.500 euros. 

Segundo o escrito do Minsiterio Público, un dos catro cans de raza kangal turco propiedade de Mendy escapou da finca tras quedar aberta a porta de acceso. O animal atacou dous cans e mordeu un mozo de 17 anos que intentaba auxiliar a dona dun dos animais. 

Un dos cans morreu como consecuencia das feridas sufridas, mentres que o outro precisou unha intervención cirúrxica. O menos sufriu varias lesións na perna esquerda e tardou un mes en recuperarse. 

A Fiscalía considera que o futbolista incumpriu o deber de custodia e vixilancia dos animais. Ademais, sinala que os catro cans carecían de microchip identificativo, seguro obrigatorio de responsabilidade civil e vacinación antirrábica. 

O xuíz acordou tamén a declaración de Mendy, asistido por un intérprete de francés, así como a comparecencia das vítimas dos axentes da Policía Local que interviñeron na actuación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade