Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os medios de extinción estabilizan o incendio forestal declarado en Ponteareas

Os medios de extinción estabilizan o incendio forestal declarado en Ponteareas

O incendio afecta unhas 60 hectáreas, segundo as últimas valoracións provisionais

(Concello de Ponteareas/Vía EFE) (Concello de Ponteareas/Vía EFE)
G24.gal 19/08/2026 09:59

Medio Rural declarou estabilizado este mércores á mañá o incendio forestal declarado este martes na parroquia de Nogueira, no concello pontevedrés de Ponteareas.

O incendio que se iniciou na tarde do martes levou xa por diante 60 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 5 técnicos, 23 axentes, 32 brigadas, 26 motobombas, 3 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 4 avións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade