Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tempo cambia en Galicia, con baixada de temperaturas e algunha choiva

O tempo cambia en Galicia, con baixada de temperaturas e algunha choiva

A comunidade deixa a alerta vermella pola vaga de calor e só Valdeorras estará en laranxa

directo Ourense marcou este martes a temperatura máxima de España con 43 graos/En directo, cámara web da CSAG en Ourense
G24.gal 19/08/2026 09:36 Última actualización 19/08/2026 10:00

O tempo cambia este mércores en Galicia con baixada de temperaturas e algunha choiva, segundo o prognóstico de Meteogalicia. Diminuirá lixeiramente a influencia das altas presións, e iso permitirá que unha fronte afecte o noroeste da comunidade autónoma nas últimas horas. 

Con esta situación, espérase ceo con intervalos nubrados, con máis nubes canto máis ao norte e choiva no litoral noroeste pola noite. 

Haberá brumas costeiras no litoral atlántico, que se irán retirando cara ao mar durante o día e posibilidade de chuvascos tormentosos no sur e no sueste. 

As temperaturas irán en descenso, sendo máis acusado nas máximas, e rexistraranse ventos do nordeste, moderados en xeral. Deste xeito, Galicia deixa a alerta vermel e só a zona de Valdeorras conservará algunha alarma polas altas temperaturas, en concreto con nivel laranxa no  Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

Nas cidades, os termómetros en xeral non alcanzarán os 30 graos, excepto en Lugo, onde as máximas chegarán a este temperatura, e en Ourense, que se situará nos 36 graos.

Ante esta situación, non serán necesarias as limitacións para a actividade deportiva federada establecidas durante os días pasados, aínda que continúan as recomendacións de precaución e os consellos xerais para a poboación, sobre todo os grupos de risco, como persoas maiores de 65 anos, menores de catro, e persoas que parecen patoloxías. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade